27 dic 2011

O Imperialismo do século XIX

Magnífica infografía que permite ter unha visión xeral acerca da expansión colonial a partires da segunda metade do século XIX.
Na páxina que adxunto debaixo da caricatura, na sección de Historia, existen máis infografías moi recomendables para consultar.
Saúdos





O perigo da Globalización

25 dic 2011

Os derradeiros días da URSS

Estupendo documental que aborda a Historia xa non tan recente da caída dun dos imperios máis poderosos do século XX.
Recomendable para fin de curso.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/documentos-tv-ultimos-dias-urss/1276045/

A Historia non para.

22 dic 2011

A Historia a través dos mapas

Impresionante páxina web sobre mapas interactivos, con diferentes escenarios históricos.


Ten un pequeno problemilla: está en Inglés e Francés.
Non importa, o interesante está na propia evolución histórica dos escenarios.
Consello: consultade o mapa sobre o congreso de Viena

http://www.histoirealacarte.com/index.php

Esquema Revolución Industrial


Mapa conceptual extraído do seguinte recurso:
http://roble.pntic.mec.es/cgee0016/4esohistoria/

Lectura 2ª Avaliación (4º ESO)

Hola a todos/as,
Estes días posteriores ás avaliacións estiven cavilando sobre cal das lecturas da miña listaxe persoal podería ser a máis adecuada para vos. Finalmente tomei unha decisión e escollín un best-seller de fama internacional e de marcado carácter antibelicista: Sin novedad en el frente, de Erich María Remarque.
O argumento da novela está ambientado na 1ª guerra mundial, feito histórico que traballaremos antes de rematar a  2ª avaliación. Unha das razóns polas cales me decidín por esta lectura.
A outra, neste caso coma unha opinión persoal, é que o libro resulta moi entretido e penso que engancha xa dende a primeira páxina.
Se algún ou algunha xa o le este período vacacional que o disfrute, esperando que vos guste.
Saúdos e felices festas a todos/as.

4 dic 2011

Consulta Presentacións Arte

Hola a todos/as,
Aqueles que queiran consultar as presentacións do Renacemento e do Barroco, se non se ven no blog, podedes pinchar na parte inferior esquerda (slideshare) e xa vos leva directamente á páxina oficial onde teño colgadas estas presentacións.
Saúdos e ánimo

Pintura Quatrocentto

Escultura Quatrocentto

Arquitectura Quatrocentto

Pintura Cinquecentto

Escultura Cinquecentto

Arquitectura Cinquecentto

  INSTRUCIÓNS RECUPERACIÓN SETEMBRO (4º ESO) A avaliación extraordinaria de setembro terá dúas partes: Un exame cuxo valor rep...