22 dic 2011

Lectura 2ª Avaliación (4º ESO)

Hola a todos/as,
Estes días posteriores ás avaliacións estiven cavilando sobre cal das lecturas da miña listaxe persoal podería ser a máis adecuada para vos. Finalmente tomei unha decisión e escollín un best-seller de fama internacional e de marcado carácter antibelicista: Sin novedad en el frente, de Erich María Remarque.
O argumento da novela está ambientado na 1ª guerra mundial, feito histórico que traballaremos antes de rematar a  2ª avaliación. Unha das razóns polas cales me decidín por esta lectura.
A outra, neste caso coma unha opinión persoal, é que o libro resulta moi entretido e penso que engancha xa dende a primeira páxina.
Se algún ou algunha xa o le este período vacacional que o disfrute, esperando que vos guste.
Saúdos e felices festas a todos/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

  INSTRUCIÓNS RECUPERACIÓN SETEMBRO (4º ESO) A avaliación extraordinaria de setembro terá dúas partes: Un exame cuxo valor rep...